miércoles, 10 de febrero de 2016

Homosexuais homes e homosexuais mulleres, mentalidade galega ou é cousa só da miña nai?

Paréceme importante sinalar que segundo a miña percepción (cada un percibe a realidade segundo o entorno) o machismo é tan cruel e tan completo que incluso sería posible afirmar que hai machismo feminino no tocante ó problema da incompresión da homosexualidade e o odio ós homosexuais (refírome ás nais dos homosexuais e ás nais que se sinten aliviadas de que os seus fillos non o sexan). Miña nai sente atracción polos homosexuais homes, parécenlles simpáticos, divertidos (aínda que hai de todo e o único gay que ela coñece é o meu amigo Victor) pero odia as mulleres homosexuais (si, teño unha nai superfranquista... non é novidade para moitos); e paréceme que é unha tendencia que merece ser estudiada: a homosexualidade no home non é tan grave, pero non é preferible (o que é horrible como pensamento, porque as persoas non elixen a súa sexualidade nin a súa identidade sexual ou tendencia sexual os converte en persoas inferiores). Se no home non é preferible, na muller é abominable, coma parir un extraterrestre con apariencia de lagarto. Estou pensando na lendaria serie V dos 80 ou 90, na que unha rapaza queda preñada de xemelgos dun extratarrestre e un deles é un lagarto (escena que me aterrorizou, nacín no 80) ... sobre a transexualidade, o mesmo problema, para algunhas nais, de home a muller, non tan grave, sobre todo se ten pluma, superdivertido; de muller a home moi grave.