sábado, 25 de febrero de 2017

La violencia que sufren las mujeres no siempre viene de su pareja, tambien las mujeres o niñas sufren violencia de sus padres o otros familiares; además esta noticia apoya la necesidad de proteger mejor a las menores de edad de sus padres y de no permitir que los padres se inmiscuyan en decisiones como la interrupción de un embarazo pues como en este caso jóvenes que no quieren abortar podrían ser obligadas a abortar.

"Un joven abre la cabeza al padre de su novia embarazada por golpearla para que abortase.

Un joven de 24 años abrió la cabeza con una garrota al padre de su novia, una menor de 16 años embarazada de cuatro meses, después de que este la golpeara en la tripa para que abortara, además de insultarla.
Efe | Madrid | Actualizado el 25/02/2017 a las 13:03 horas.

 "Según el relato de la joven, de su novio y de la madre de éste, el padre de la menor, que, al parecer, se oponía a la relación sentimental que mantenía su hija, acudió a la casa donde se encontraba la pareja viendo la televisión, en estado de embriaguez y golpeando insistentemente la puerta.

Cuando le abrieron, el hombre comenzó a proferir insultos y amenazas al novio de su hija y a ésta, entre ellos "gitano te voy a matar, voy a matar a tu hijo", "puta" o "tienes que abortar".

Luis, según las declaraciones policiales, agarró a su hija por el cuello cabelludo y llegó a dar patadas en el abdomen de la embarazada.

El novio de la menor, Isaac M.E., de 24 años, intentó defenderla de los golpes y con una garrota golpeó en la cabeza a Luis, al que los agentes de la Policía Nacional encontraron en al calle sentado en el suelo, con un profundo corte en la cabeza e intentando tapar la hemorragia con un pañuelo.

Una unidad del Samur-Protección Civil asistió al hombre y le trasladó al hospital de La Princesa con una posible fractura en el cráneo y pronóstico reservado.

Luis relató a los agentes que había sido agredido cuando fue a buscar a su hija embarazada de cuatro meses, ya que creía que la tenían retenida contra su voluntad.

Tras la pelea, la pareja huyó a la carrera del domicilio, pero poco después fue interceptada por una patrulla policial cuando regresaban a la casa.

Isaac, que ya contaba con detenciones anteriores, relató lo sucedido y reconoció que había agredido al padre de su novia con una garrota, si bien de momento no ha podido ser encontrada por los agentes.

La chica, por su parte, manifestó que su padre la había golpeado en varias ocasiones, aunque no dijo de qué forma; y declaró que su progenitor quería que abortara, no la dejaba salir de casa y la privaba del teléfono móvil.

Además, aseguró a los agentes que prefería vivir con los padres de su novio porque los suyos no aceptaban la relación y que su voluntad era proseguir con el embarazado y tener a su bebé aunque se opusiera su familia." ONDA CERO RADIO

jueves, 16 de febrero de 2017

La sanidad en España. Febrero de 2017.

Ahora mismo podría estar desarrollando cualquier enfermedad. Ya tengo una crónica jodidilla; las médicas y médicos ya ni te examinan ni te tocan ni te preguntan nada. Cuesta un huevo conseguir que te escuchen, te mienten, te dicen cualquier cosa haciendo que te preguntes si es por falta de formación o qué coño les pasa; cuesta otro ovario convencer a tu médico de atención primaria para que te mande al ginecólogo o cualquier especialista. La gente sospecha que les puedan estar poniendo penalizaciones económicas. Fácil fácil es que te receten benzodiacepinas y antidepresivos (negocio) en plan coca y heroína; sistemáticamente; porque cuando me quejo de la frescura y alegría con la que se recetan medicamentos tan peligrosos; a alcohólicos y ex-alcohólicos, a personas que tienen niños pequeños, a cualquiera realmente; y digo a otros lo que veo y lo que me cuentan muchos: que sistemáticamente les ofrecen pastillitas, me responden "será que te ven trastornada"; a mí que ni bebo alcohol; y me lo dice alguien empastillado, y las médicas que me ofrecen las pastillitas, hasta arriba tambien; hay medicas de atención primaria que te dicen no tengo ganas de trabajar, vete. Y no pasa nada. Pones una queja y no pasa nada.

martes, 14 de febrero de 2017

borrador círculo



CÍRCULO  GALEGO intersectorial DE SAÚDE, SAÚDE DA MULLER, OFICIOS DA CULTURA (danza, aprendizaxe musical –instrumentos , voz –oficios do libro) E  DEPORTE.
Creamos este círculo co fin de tratar de poñer remedio a un problema clásico da participación política. Entendemos que moitas persoas non participan politicamente e non utilizan as ferramentas existentes por razóns alleas ás súas capacidades, á súa indignación ou as súas necesidades e dificultades. Valoramos moito a capacidade de certas persoas para compaxinar traballo, o coidado de fillos ou pais ou outros familiares e participación pero consideramos que existe a necesidade de crear un grupo que integre a toda esa xente que está quedando en silencio.
Moitos coñecémonos e coñecémo-los problemas os uns dos outros. Ó longo dos anos levamos discutindo os nosos problemas 5 minutos alí e 5 minutos alá, no descanso dunhas escaleiras, mentres colocamos as medias puntas (ballet) ou esperamos a que o noso profesor chegue, nunha asociación de veciños ou nun ximnasio.
Por que crear un círculo intersectorial? Pois porque algúns problemas son comúns. E as solucións tamén poden ser comúns. Desconecta-la saúde dos oficios da cultura é unha estupidez. A nosa sociedade subestima a relación entre a saúde e o traballo dos profesionais da danza, deporte, fisioterapia e a aprendizaxe musical (en especial a voz, utilizar correctamente a voz implica aprender a respirar correctamente; pero non só, aprender a tocar calquera instrumento musical desenvolve a capacidade de atención e concentración; a concentración axuda a leva-la dor). Por outra banda, os profesionais da danza e os deportistas, por poñer dous exemplos, necesitan unha atención específica, en especial aqueles de alto nivel, que non se lles ofrece na seguridade social, necesitan fisioterapia e tratamentos específicos pero tamén protección económica para poder recuperarse e descansar, moitos arrastrarán toda a vida as lesións. Tamén pianistas, estudantes, tradutores (problemas de cervicais, brazos, costas). Actualmente na seguridade social dáselle poucas opcións ás mulleres con problemas xinecolóxicos para controlar dores e malestares diversos; algunhas tan ineficaces como perigosas: resulta especialmente alarmante que se lle propoña ás mulleres o consumo de antidepresivos e que tal consumo se lles presente como unha panacea que solucionará tódolos seus problemas (Proxecto Home advertiu do crecente problema de adición a este tipo de medicamentos neste país). As mulleres con doenzas xinecolóxicas (e con doenzas en xeral) non son doentes mentais e non deben ser medicadas como tal, porque non o son. Mulleres con menopausas moi difíciles son ingresadas en plantas psiquiátricas en hospitais galegos. Algo cheira a chamusco cando o consumo de certos medicamentos é tan alto. Outro tema de discusión: mecanismos de control dos médicos, sospeita de que poden estar sendo condicionados pola industria farmacéutica (agasallos) á hora de diagnosticar e prescribir, falta de formación dos médicos. 
Non cremos no egoísmo. Cremos que a mellora da vida dunha persoa ou dun sector significa inevitablemente unha mellora, un impacto positivo na vida de todos. Non cremos no sufrimento como motor que leve ás persoas a esforzarse e mellorar senón que máis ben cremos que constitúe un potente obstaculizador. A felicidade das persoas está irremediablemente asociada á súas condicións de traballo, económicas e de saúde. E a saúde está irremediablemente asociada á situación económica. Quen pasa frío, empeora. Que non ten aceso á fisioterapia, empeora. Quen traballa nun local húmido e frío, enferma. Quen enferma, non pode traballar ou sufre traballando ou perde o traballo. Non queremos traballar en situacións que empeoren a nosa saúde. Non queremos deixar de traballar e pedir axudas sociais (que se cadra nin temos aceso a elas) se a solución está en facer cambios nas condicións de traballo. Queremos utiliza-los recursos públicos. E adapta-lo público a nós, ás necesidades reais das persoas. Das persoas que traballan, dos que realizan actividades con fin de mellora-las súa saúde ou co fin de formarse, crecer como individuos, contrarresta-los efectos do traballo e da loita vital diaria. A xente formada, a xente intelixente, a xente con coñecementos, é xente que debemos valorar e coidar. Non explotar e abandonar.  
Inicialmente, o problema da participación será o piar da discusión. Unha persoa, eu, servirá como elo inicial para agrupar todas esas persoas de diferentes sectores, conectados en diversa medida entre si. Xunta-la xente será o meu primeiro problema e inicia-la discusión sobre a participación co fin de desenvolver estratexias de comunicación entre os membros que non supoñan un gasto de enerxía e tempo do que non dispoñen. É importante que nos aseguremos sempre que todo o mundo ten toda a información, sucinta e máis extensa, por escrito e por teléfono ou skype. As propostas e proxectos publicaranse por escrito e en vídeos, de forma máis sucinta e de forma máis extensa.
Este círculo ten como fin a creación dunha ferramenta de comunicación e de sementeiro de iniciativas e proxectos. Probablemente sexa un instrumento de lento desenvolvemento precisamente por estar dirixido e pensado para aquelas persoas que non dispoñen de moito tempo ou enerxía. Estamos aquí para dar voz a aqueles ós que lles custa participar polas razóns que sexan. É necesario desenvolver ferramentas de participación que non impliquen necesariamente reunións físicas, asegurarse de que nin os métodos de participación nin os carácteres dos diferentes membros permitan que uns afoguen a voz dos outros.
É importante transformar un gasto en cultura e deporte puntual (exhibicións) co que se pretende finxir que se fai algo, nun traballo de base, que transforme a xente, que xere demanda e interese verdadeiro, que ensine a xente a consumir cultura e deporte activamente (nenos, adolescentes e adultos) e que un certo nivel (alto) de excelencia non é algo inalcanzable, reservado a uns poucos e moito menos a uns poucos de certas clases sociais. É importante traballar por desvincular certas disciplinas (ballet, aprendizaxe musical) de certas clases sociais (modo tamén de contribuír a acabar coas diferenzas de clase). Debemos reflexionar sobre a relación entre deporte, cultura, música, danza e rendemento escolar, produtividade laboral, mellora nas relación entre as persoas, erradicación de comportamentos violentos, mellora nas relacións entre as persoas, aumento da cordialidade, empatía, solidariedade, axuda mutua, saúde mental.
O problema da saúde mental en Galicia divídese en dous problemas básicos:
1)      A PSIQUIATRIZACIÓN DA SAÚDE: é dicir enfermos ós que se diagnostica, trata e medica coma enfermos mentais pero que non os son. Resulta sospeitosa a malsán teima e rapidez con que moitos médicos de atención primaria diagnostican ‘depresión’ e  prescriben antidepresivos e benzodiacepinas.
Tratamento da VERTIXE e Mareos. No caso de problemas de vertixe, moitas veces de tipo muscular ou problemas propios do eido da traumatoloxía calquera médico de urxencias prescribe cunha facilidade alarmante DOGMATIL (un antipsicótico), un medicamento perigoso con efectos secundarios que non se poden tomar a broma. Moitas veces un simple antiinflamatorio (inxectado, como o diclofenaco funciona). Acúsase ó paciente de non querer tratarse se se nega a consumir DOGMATIL, como primeira opción, coa facilidade coa que outrora se prescribían as aspirinas.
Á fisioterapia concédeselle un espazo moi pequeno no noso sistema sanitario; os medicamentos só serven para palia-la dor temporalmente; aconséllaselle ós pacientes que acudan a fisioterapia privada; moitas veces sen ningunha proba médica previa. Que pasa se o paciente non ten cartos? Ninguén vai contratar a unha persoa lesionada ou enferma e as axudas sociais tardan moito e moitas veces nin chegan. 

DOENZAS FISIOLÓXICAS. MALESTAR. É normal que calquera persoa que padeza calquera doenza, nunhas máis ca noutras, se sinta decaído e entristecido, pode ser polas dores, pola falta de enerxía, polo malestar xeral que sente calquera enfermo. Problemas coma o insomnio poden estar causados por dores que interrompen o sono.      No caso das mulleres con problemas xinecolóxicos, incluso non patolóxicos, coma a síndrome premenstrual moi sintomática ás que nin tan sequera se lles diagnostica depresión, se lles prescribe, ou se lles intenta prescribir, por exemplo, antidepresivos, para reduci-los síntomas, tendo en conta as dúbidas que presenta a prescrición de antidepresivos en caso de depresión diagnosticada entre unha parte da comunidade médica e entre os pacientes que convivimos con persoas que si os consumen.  
2)      Os dereitos humanos dos pacientes con doenzas mentais. Diagnóstico correcto. Medicación correcta. Tratamentos alternativos. Tratamentos complementarios. Non se pode permitir que se medique pola forza ós pacientes que non queren medicarse senón se ten a seguridade de que o paciente está enfermo ou ben diagnosticado. A psiquiatría non pode ser un instrumento ó servizo de vinganzas familiares ou de parella. A psiquiatría non pode ser un instrumento de represión. Que garantías ten un enfermo mental de que non se violen os seus dereitos? Agora mesmo unha denuncia falsa ó 062 pode dar lugar a que unha persoa poida ser encerrada acusada de tentativa de suicidio ou de agresión, medicada, sen ningún tipo de proba. Ou mesmo que un garda civil lle meta un tiro.  

Axudas sociais.

As prestación sociais deben ser individuais e intransferibles. Calquera persoa á que se lle obriga a depender doutra persoa economicamente está sendo colocada nunha situación de vulnerabilidade; trátase de violencia que non se pode denunciar por existir unha relación de dependencia económica. Violencia de pais e nais a fillos e fillas maiores de idade; violencia de irmáns a irmás e de irmás a irmás, de irmás a irmáns, maiores de idade, consentida polos pais ou nais. Violencia de avoas ou avós a netas ou netos. (Un exemplo típico de violencia de irmá a irmá: a irmá violenta ten problemas de drogadicción.)
Non ten sentido que sexan tidos en conta os ingresos das persoas coas que se comparte vivenda á hora de asignar unha axuda social a unha persoa. Evidentemente si en caso de fillos, e sendo estes menores. Os fillos maiores de idade terán dereito a axudas con independencia da situación económica dos seus pais se asinan un documento polo cal renuncian a que os seus pais reciban prestacións por eles (en Francia, por exemplo, dáse esa opción, por exemplo, ós estudantes universitarios). Preguntaráselles a aqueles fillos e fillas que vivan cos seus pais se desexan abandona-lo fogar familiar e terase en conta esa información para realiza-lo cálculo das axudas. Comunicaránselle-las contías que lles corresponderían se abandonan o domicilio familiar. E as que recibirían se non o fan. Aqueles que decidan abandona-lo domicilio familiar poderán abandona-lo domicilio familiar no mes en que as axudas se fagan efectivas. Nunca antes de recibi-las prestacións e coñecendo tódolos seus dereitos, ata cando as recibirán, por exemplo, ou en que supostos deixarían de recibila.
Importancia de axiliza-la concesión das prestacións:
As persoas que piden por primeira vez unha axuda social tenden a tardar moito en pedila. Normalmente cando a piden xa teñen esgotados os seus aforros, prestacións de desemprego; ou están enfermos e as incapacidades temporais tardan moito en ser tramitadas. E moitas veces son denegadas. Non ten que unha persoa estar nunha situación de incapacidade moi grande para que xa supoña un sufrimento e esforzo moi grande realiza-los trámites.
A tardanza en recuperar unha prestación se a perdes por un contrato breve suponlle un problema ó receptor ou receptora da axuda que ten que escoller entre traballar un mes ou perder unha axuda que pode tardar 5 meses en recuperar. Así vemos que a tardanza pode ser disuasoria na busca de emprego con contrato.  
Actualmente algún receptores de axudas están realizando pequenos traballos precarios (nons e pode considerar fraude tratar de conseguir 100 euros ó mes extras para comer un pouco mellor, aforrar ou pasar menos frío)  para completa-las axudas pois son axudas insuficientes, miserables. Tamén as teñen que completar pedindo alimentos en moitos casos de pouca calidade, pouca carne e pouco peixe, a ONGs e asociacións veciñais, parroquiais.   
Probablemente a mellor axuda serían as vivendas de aluguer social: 30 % dos ingresos da unidade familiar, da persoa que vive soa ou dos ingresos totais dos que conviven 8que poden ser simplemente compañeiros de piso sen ningún vínculo familiar). Sexan ingresos por traballar ou prestacións sociais.

Planes de pensiones privados.

Los gurús económicos que dicen que piensan que el sistema de pensiones es inviable le están haciendo propaganda a aquellos partidos políticos financiados por la banca. Los bancos quieren que hagamos planes de pensiones privados para robarnos el dinero que invirtamos. ¿Quién se fía de un banco? Cuando llegue el momento de cobrar te dicen que firmaste no sé qué cláusula y punto. La única forma de garantizar las pensiones es acabando con la precariedad laboral (temporalidad, salarios bajos). Lo que se conoce como 'acuerdo intergerenacional' consiste en que con la parte del salario de los trabajadores que se destina a cotizar se paguen las pensiones contemporalmente. Las pensiones son parte de tu salario;  una parte de tu salario que cobrarás más tarde en tu vida que te guarda el Estado. 

jueves, 9 de febrero de 2017

Violencia contra a muller maior de idade en situación de desemprego ou enferma na familia non exercida pola parella.

Non se contempla, as institucións, e o feminismo, estánse esquecendo da violencia que sufren as mulleres no seo da familia. Cando son menores, ten que ser moi evidente, para que alguén, profesores de instituto, nas urxencias, tome nota ou medidas; e cando superan a barreira dos 18 anos, que? A algún igual se sorprende se unha muller moi nova toma a decisión de escoller entre deixa-los estudos e paus e escolle paus. Porque se escolles deixa-los estudos gañan os que dan os paus. A violencia que enche de sangue o rostro dunha muller pode tardar en chegar á vida dunha muller pero o maltrato aparece moi pronto.
Nesta conxuntura económica o problema non é só o desemprego senón tamén a enfermidade. En tempos de condicións de traballo tan duras e con tanta xente saudable esperando detrás de ti na fila, non precisas estar morrendo para ser incapaz de conseguir ou manter un emprego. Algúns problemas médicos dificultan moito a túa empregabilidade por moi intelixente que sexas ou preparada para o posto que esteas sen que moitos consideren en principio que se trata de tanta cousa. Hai que distinguir entre doenza que implica perigo de morte e doenza que debilita, doenza que doe, que imposibilita a contratación porque cho notan, que che impide chegar ó lugar de traballo.  
Os médicos teñen ordes de obstaculiza-los trámites (ou polo menos, parece que poida se-la explicación máis plausible do seu comportamento; mentiras moi evidentes; formularios moi sinxelos mal cubertos).
Tramitar unha incapacidade temporal leva tempo e é un proceso misteriosamente duro ó que se ten que enfrontar unha persoa que está enferma, ás veces soa, ás veces sufrindo violencia no fogar; para recibir logo unha resposta negativa ou simplemente un grao de incapacidade que non conleva prestacións económicas.
As mulleres que sofren violencia e están enfermas non poden denunciar sen axuda económica, sen un lugar ó que acudir, no que vivir. As axudas teñen en conta os ingresos dos violentos.
Os propios funcionarios aconséllanlle ás mulleres que pidan axuda a familiares, a amigos. Resulta ridículo que se reduza a tan pouco a posibilidade de axuda institucional. Sei que existe unha porcentaxe de mulleres que se cadra poden marchar da casa e non o fan. Pero habería que compara-las porcentaxes de mulleres que non o fan porque psicolóxicamente non son capaces e as que realmente non dan xuntado o diñeiro nin encontrado a forma sen diñeiro. Ademais sobreestímase a capacidade de solidariedade das persoas e a capacidade das persoas de axudar aínda que o desexen na conxuntura económica actual. Sobre todo cando o tempo de necesidade de axuda é indefinido, por outra banda.
Unha cousa é levar un golpe un día calquera e outra levar un golpe recén operada polo que unha muller que sufre violencia pode verse na situación de toma-la decisión de rexeitar ou adiar unha operación. Sen cartos, como vés do hospital? en autobús? doloroso de mais. Pero logo comer sería o principal problema. Aínda que o principal problema realmente é a posibilidade de ser golpeada na zona operada. Cun brazo mal aínda podes escapar. Pero tras unha operación xinecolóxica?
Nos centros que atenden a mulleres que sufren violencia das súas parellas non reciben a mulleres que sufren violencia de membros da familia cos que convivan (por pura necesidade económica, evidentemente) e dos que dependan.  Unha nai, unha avoa pode exercer violencia machista, moitas defenden e concordan cos valores franquistas nos que foron criadas. Unha muller enferma, ou non, pode gañar para comprar comida, para comprar xel de baño, compresas, champú, roupa e calzado básico pero non para pagar un aluguer, paga-la electricidade, a calefacción e non pasar frío (o frío pode magnificar certas dores). A unha muller enferma cústalle ir ós sitios onde se poida pedir axuda, se é que esa axuda existe. A case certidume de que non a vai a encontrar lévaa a crer que realmente non existe axuda. Só moito conto ou simplemente non encaixa en ningún tipo de programa de axuda.

miércoles, 8 de febrero de 2017

Privatizaciones e ilegalización del aborto; Le Pen, Francia Vs, Mélenchon.




¿De donde saca Le Pen la pasta para comprar tanta propaganda, tanto espacio en los medios? Le Pen va a privatizar todo lo público, 'externalizar' todos los servicios básicos, encareciéndolos y deteriorándolos, destruyéndolos, de modo que sólo aquellos que puedan permitirse su versión privada puedan acceder a unos servicios de calidad, limitando el aceso a la salud, la educación, el transporte cómodo y eficaz, la vivienda, la calefacción, los minutos de teléfono, el acceso a internet, la buena comida, a las élites. No es muy difícil imaginarse que aquellos que quieren hacerse con el negocio de las necesidades básicas humanas le puedan estar pasando mucha pasta al Frente Nacional. El Opus Dei seguramente tambien estará poniendo pasta en esa campaña. La legalización del aborto generará mucha pasta, ¿a quién? pues a aquellos que se enriquecen con la producción de medicamentos peligrosos que ya no se compran con la finalidad para la que fueron creados precisamente porque tienen como efecto secundario probable el aborto. Estos medicamentos generan inmensas cantidades de dinero en países en los que el aborto es ilegal y los que no nos chupamos el dedo suponemos que los antiabortistas reciben seguramente pasta de los que los fabrican (Le Droit de Naître tiene su sede en un puto castillo amueblado a todo tren con servicio en el que viven unos tipos con un servicio doméstico propio de monarcas rancios, que incluye en sus fondos una imprenta en la que se imprimen calendarios religiosos y estampitas ¿con los que se supone que financian tanto lujo?) La ilegalización del aborto supondría ganacias para clínicas privadas en países próximos en los que sea legal; de hecho cuando aquí en España el PP estaba amenazando con ilegalizar el aborto la pasada legislatura, en Portugal las clínicas privadas estaban aplaudiendo con las orejas; se hablaba con alegría de como las clínicas privadas portuguesas se iban a hacer de oro gracias a las españolas en los medios de comunicación portugueses. Aún tenían a Passos Coelhos de presi. Los medios de Portugal ya cambiaron mucho desde entonces, en el tono y en los contenidos, tanto los públicos como los privados. El cuatripartito de izquierdas ya aprobó los segundos presupuestos. Discuten entre ellos. El Bloco le exige a sus socialistas todo lo que cree conveniente sin que se rompa el gobierno, consiguiendo mejoras, arañándole a los socialistas subidas de pensiones y reformas con mucho esfuerzo. 
Todo el mundo piensa que va a ganar Le Pen pero yo tengo mi esperanza puesta en Melenchon. De origen andaluz, pasó su infancia en Casablanca, y se está recorriendo Francia con un discurso que apela al ciudadano con cerebro y no al que odia. Al que comparte aula con hijos de inmigrantes y no les tiene ni miedo ni odio. Al que sabe que Le Pen es una loca. Y que venderá el bienestar que aún les queda a sus votantes muy barato al que le deba pasta por la campaña.