Feijoo di que é "un rapaz humilde dos Peares e blablabla" e eu opino que ás veces eses son os peores... os que queren ascender de clase para ser
máis cós demais pero queren que as diferenzas de clase e as clases sigan
existindo... unha sociedade moderna é unha sociedade composta por
individuos que non ven o traballo no campo ou no mar como algo propio de
clases inferiores senón como unha posibilidade que non exclúe estudar
previamente ou ó longo da vida; cantos máis coñecementos teñamos, mellor
nos defenderemos e mellor persoas seremos; non todo o mundo ten que ir ou quere ir á
universidade pero estudar non lastima o cerebro e a situación
económica nin as orixes sociais, o contexto familiar, deben se-lo que determine quen vai ou non vai á
universidade senón a forma de ser e os obxectivos persoais; é
importante traballar en diversos traballos ó longo da vida, para crecer como individuo, non é necesariamente malo, e é
moi importante estudar... As diferencias sociais dan lugar a mediocridade; se só os que teñen cartos, por orixes familiares, pola situación de parella, estudan; moita xente válida quedarase polo camiño; hai menos competencia; vese mirando ó pasado e vese en países latinoamericanos; nos países nos que un diploma universitario asegura o emprego, a xente non sinte a necesidade de esforzarse, de avanzar, de reciclarse; as desigualdades facilitan a vida dos ricos pero son contraproducentes a nivel de desenvolvemento nacional. Estudar e traballar simultáneamente paréceme unha animalada aínda que todo depende das circunstancias e do tipo de emprego. Se a universidade está no medio do monte e tés que perder moito tempo desprazándote cada día faise imposible; se o teu xefe non ten en conta as túas circunstancias tamén; traballar distrae; non todo o mundo ten a mesma enerxía nin a mesma boa saúde;