Vigo. Unha cidade máis culta. Máis dinámica. Máis eficiente.
A cultura, a música, a danza e o
deporte como extensión do sistema educativo. Non só hai que educa-los nenos ou
os adolescentes, senón ó conxunto da sociedade.
Adultos activos, traballadores eficaces e eficientes, dinámicos.
Ofrecer ós adolescentes alternativas. Relación entre deporte, cultura,
música, danza e rendemento escolar.
Pregunta: En que gastan os cartos os detractores da cultura e do gasto
social?
O gasto en educación non acaba nas escolas, institutos e universidades.
Vigo debe ser un lugar de encontro dos concellos que a rodean. Unha cidade
menos ruidosa. Menos contaminada. Os coches están a rouba-lo espazo na cidade
ás persoas. As persoas está intimidadas polos coches na cidade. Os coches
ocupan o espazo das persoas. (Redución
de tráfico, políticas de transporte público; fretar por exemplo, como se facía antes,
autobuses que cubran a demanda de transporte dos traballadores das diversas
empresas, agora mixtos, organizadas as rutas de modo eficaz de modo que o
traxecto sexa cómodo e o máis curto posible; estuda-la orixe do tráfico;
colaborar con concellos do entorno; a mellora do transporte interurbano).
A cultura, a música, a danza e o deporte. Formación.
Bolsas de formación intensiva (durante dous meses 1.000 euros netos
mensuais, deses 12, dous meses de vacacións con bolsa, un mes seguido, e outro
fragmentado en 4 períodos dunha semana ó longo do ano que suman os
dez meses mais as vacacións de dous meses) para os traballadores
insuficientemente formados (que xa estean traballando en negocios propios ou en
asociacións de veciños e ximnasios) ou como complemento formativo (a artistas,
deportistas, bailaríns, músicos). Corresponderíalle ó formador valora-las
ausencias inxustificadas ou a falta de interese e de esforzo. O formador tería
autoridade de retira-la bolsa a aqueles persoas que non se impliquen
responsablemente.
Seguridade no traballo traballadores da cultura.
1)
Encontrar
fórmulas para evita-la precariedade económica. O concello pode contratar
inicialmente a un número pequeno de profesionais altamente formados cun salario
digno (1.500 euros netos) para formar aos traballadores insuficientemente
formados que xa estean traballando no sector e a outros en especialidades como
complemento á súa formación. Desde a Xunta podería destinarse unha partida
destinada a complementar a formación de profesores de educación física fóra de
horas de traballo (ballet, capoeira) Non se pagaría ós profesores funcionarios
pero tampouco terían que pagar. Sería unha forma de xerar emprego de
deportistas, bailaríns, altamente cualificados que non son funcionarios.
Salario formadores 1.500 euros netos, ó mes; dous meses de vacacións e un mes
fragmentado en períodos dunha semana ó longo dun período total de 12 meses.
2)
Rede
de locais nos que desenvolver actividade nos que se aseguren unhas condicións
adecuadas nas que non se poña en perigo a saúde do artista, do profesor.
Regula-las condicións nas que se traballa nas asociación de veciños. Aconsellar
e axudar. Colaboración entre asociacións de veciños e concello. Tamén
colaboración entre fundacións e concello e asociacións de veciños.
As asociacións de veciños poden funcionar como unha rede de salas cunha
regulación similar ás que se pode engadir algunha sala en mans das diversas
fundacións (Auditorio Mar de Vigo). As salas deben cumprir unha serie de
requirimentos de seguridade tanto para o formador como para os alumnos: chan
que absorba o impacto, espellos como instrumento didáctico importante,
deshumidificador (a humidade é como sabemos moi daniña, problemas de
reumatismos, aumenta a sensación térmica de frío e o risco de lesións), estufas
de calor radiante 1.000 ou 1.500 w superser en función do tamaño da sala (baixo
consumo, moi eficientes).
Transformar un gasto en cultura e deporte puntual, co que se pretende
finxir que se fai algo, nun traballo de base, que transforme a xente, que xere
demanda, que ensine a xente a consumir cultura e deporte activamente, non só
pasivamente. Procura da excelencia.
Coexistencia entre lugares de formación cunha estrutura ríxida na que os
formadores son funcionarios (conservatorio público) con lugares de formación
máis flexibles (pero con expectativas altas).
O paradoxo da capoeira. Mellores mestres en Brasil analfabetos. Fórmulas en
Brasil. Asociacións. Cursos de prevención de lesións.
En substitución da figura do asesor que só
asesora poderíase crear a figura do asesor – ensinante. Este tipo de
profesional tamén valería para o deporte ou a danza e outras disciplinas
relacionadas coa cultura e o ensino.
Sistema educativo. Problemas.
O problema máis importante: a masificación. Insuficientes competencias
lingüísticas profesores (galego, linguas estranxeiras)
Ximnasia. Problemas de xénero. Menstruación. Introducir ximnasia en 2º de
bacharelato e un deporte por ano universitario en forma de materia. Introducir
unha materia de galego en cada ano universitario nas carreiras onde non as
haxa. Unha materia de inglés en cada ano universitario. As competencias
lingüísticas son necesarias en calquera área.
Urbanismo.
Os patios de luces como parte importante do noso cadro de vida, da nosa
cidade. Os patios de luces. Espazos de silencio, de luz, de sol, de plantas. Se
están en malas condicións filtran humidades, en moitos edificios antigos baixan
as vellas tubarias das augas fecais (cheiros). Diagnósticos do estado dos
patios de luces de toda a cidade. Desenvolver unha estratexia, de reparación
(reparar todo o que teña que ver con fendas, humidades, ausencia de illamento,
tubarias, incluso feísmo).
Vivendas en aluguer en malas condicións. Intervir, non penalizando senón,
asumindo a súa reparación de modo que o custe sexa absorbido polo aluguer que
pagarían os que as alugan durante un período de tempo. Aluguer limitado. En
función dos recursos desas familias. Rematado o período de tempo acordado, as
vivendas pasarían de novo ós propietarios sen que os mesmos tivesen a obriga de
alugalas.
Alimentación.
Hortas urbanas. Problema contaminación. Terras no Vigo rural. Un horto
urbano non se pode crear en calquera sitio, polo menos no estado en que está
Vigo actualmente do punto de vista medioambiental. Afortunadamente hai fincas
en mans privadas que están en desuso que se poderían alugar (prezo simbólico)
por períodos que se renovarían en función das colleitas.
Pista de patinaxe con Escola Municipal de Patinaxe
incluída.
A empresa sevillana www.xtraice.com (pistas de xeo ecolóxico) fabrica pistas de xeo
sintético ecolóxicas y que supoñen un gasto eléctrico, etc., moito menor que
unha de xeo.
Peatonalizacións
Zonas de moita concentración de edificios. De vivendas. Non con pedra. Senón combinación herba e carreiros de formigón por exemplo por onde poidan pasar xente con carriños de bebé, da compra.
Camelias é un exemplo.
Uso de animais para o consumo da herba. Evidentemente coa contaminación actual, sería perxudicial para os animais. Lembremos que hai 25 anos usábanse ovellas nas zonas verdos do aeroporto en Peinador.