lunes, 23 de noviembre de 2015

Princesiñas.



Varios recordos me pasan pola cabeza. Preparando un French Cancan, a miña profesora de danza, unha bailarina francesa de 50 anos, riuse de min e chamoume ‘petite princesse’. Supúñase que eramos prostitutas...! Cumpría que pousase os meus pequenos e delicados pés con forza no chan! Nunha farmacia en Vigo, unha muller moi vulgar, maleducada e horrorosamente vestida, estaba comprando uns medicamentos acompañada da súa filla, que tería uns dez, once anos. A nena ben vestida, falando baixiño, educada, con esa nai...! 
Así rápido podo pensar en tres ou catro amigos que se afastan bastante do que se podería esperar deles polo seu entorno familiar. Moitos nos afastamos en gran medida do que moitos poderían esperar de nós polo noso entorno familiar. As crenzas deterministas están moi arraigadas no subconsciente da sociedade galega e non só da galega. No entanto algunhas persoas nacen cunha fame innata e un amor pola beleza e polo esforzo desmedido de orixe descoñecida, inexplicable... e outras cun odio...
Pregúntame cal é a película da miña vida e, de lonxe, responderei, Il Postino (baseada na novela El Cartero de Pablo Neruda). Un país verdadeiramente próspero e democrático é aquel no que todos os nenos e nenas teñan acceso á desenvolverse tanto física coma intelectualemente (musicalmente) á marxe da súa orixe social e mesmo da opinión dos seus propios pais. Porque non todos os pais queren o mellor para os seus fillos ou saben o que é o mellor para os seus fillos. A nosa sociedade considera, e os obreiros téñeno moi inetriorizado que a aprendizaxe dun instrumento musical, certos deportes, o ballet é unha perda de tempo só permitida a certa clases sociais; de clase media alta para arriba. Hai que acabar con iso.

sábado, 21 de noviembre de 2015

LEER



A poesía é un misterio, un enigma. Nos poemas ben escritos nunca sobra nada, incluso o que é redundante. Todo está no texto. Debemos preguntarnos o que non di. Excluílo. As veces nin di nin non di algo. É un crebacabezas. Ou un grito. Unha sensación. A nosa experiencia persoal é importante pero nunca debemos esquecer que o escritor che está cotando algo que é importante para el. Algo concreto. A poesía hai que aprender a lela. Custa ó primeiro pero logo vólvese un exercicio mental fascinante.



A prosa parece máis fácil pero moitos lectores pasan por riba moitas cousas.