domingo, 19 de marzo de 2017

O Vigo que queremos.



Vigo. Unha cidade máis culta. Máis dinámica. Máis eficiente.
 A cultura, a música, a danza e o deporte como extensión do sistema educativo. Non só hai que educa-los nenos ou os adolescentes, senón ó conxunto da sociedade.
Adultos activos, traballadores eficaces e eficientes, dinámicos.
Ofrecer ós adolescentes alternativas. Relación entre deporte, cultura, música, danza e rendemento escolar.
Pregunta: En que gastan os cartos os detractores da cultura e do gasto social?
O gasto en educación non acaba nas escolas, institutos e universidades.
Vigo debe ser un lugar de encontro dos concellos que a rodean. Unha cidade menos ruidosa. Menos contaminada. Os coches están a rouba-lo espazo na cidade ás persoas. As persoas está intimidadas polos coches na cidade. Os coches ocupan o espazo das persoas.  (Redución de tráfico, políticas de transporte público;  fretar por exemplo, como se facía antes, autobuses que cubran a demanda de transporte dos traballadores das diversas empresas, agora mixtos, organizadas as rutas de modo eficaz de modo que o traxecto sexa cómodo e o máis curto posible; estuda-la orixe do tráfico; colaborar con concellos do entorno; a mellora do transporte interurbano).
A cultura, a música, a danza e o deporte. Formación.
Bolsas de formación intensiva (durante dous meses 1.000 euros netos mensuais, deses 12, dous meses de vacacións con bolsa, un mes seguido, e outro fragmentado en 4 períodos dunha semana ó longo do ano que suman os dez meses mais as vacacións de dous meses) para os traballadores insuficientemente formados (que xa estean traballando en negocios propios ou en asociacións de veciños e ximnasios) ou como complemento formativo (a artistas, deportistas, bailaríns, músicos). Corresponderíalle ó formador valora-las ausencias inxustificadas ou a falta de interese e de esforzo. O formador tería autoridade de retira-la bolsa a aqueles persoas que non se impliquen responsablemente.
Seguridade no traballo traballadores da cultura.
1)      Encontrar fórmulas para evita-la precariedade económica. O concello pode contratar inicialmente a un número pequeno de profesionais altamente formados cun salario digno (1.500 euros netos) para formar aos traballadores insuficientemente formados que xa estean traballando no sector e a outros en especialidades como complemento á súa formación. Desde a Xunta podería destinarse unha partida destinada a complementar a formación de profesores de educación física fóra de horas de traballo (ballet, capoeira) Non se pagaría ós profesores funcionarios pero tampouco terían que pagar. Sería unha forma de xerar emprego de deportistas, bailaríns, altamente cualificados que non son funcionarios. Salario formadores 1.500 euros netos, ó mes; dous meses de vacacións e un mes fragmentado en períodos dunha semana ó longo dun período total de 12 meses.
2)      Rede de locais nos que desenvolver actividade nos que se aseguren unhas condicións adecuadas nas que non se poña en perigo a saúde do artista, do profesor. Regula-las condicións nas que se traballa nas asociación de veciños. Aconsellar e axudar. Colaboración entre asociacións de veciños e concello. Tamén colaboración entre fundacións e concello e asociacións de veciños.
As asociacións de veciños poden funcionar como unha rede de salas cunha regulación similar ás que se pode engadir algunha sala en mans das diversas fundacións (Auditorio Mar de Vigo). As salas deben cumprir unha serie de requirimentos de seguridade tanto para o formador como para os alumnos: chan que absorba o impacto, espellos como instrumento didáctico importante, deshumidificador (a humidade é como sabemos moi daniña, problemas de reumatismos, aumenta a sensación térmica de frío e o risco de lesións), estufas de calor radiante 1.000 ou 1.500 w superser en función do tamaño da sala (baixo consumo, moi eficientes). 
Transformar un gasto en cultura e deporte puntual, co que se pretende finxir que se fai algo, nun traballo de base, que transforme a xente, que xere demanda, que ensine a xente a consumir cultura e deporte activamente, non só pasivamente.  Procura da excelencia.
Coexistencia entre lugares de formación cunha estrutura ríxida na que os formadores son funcionarios (conservatorio público) con lugares de formación máis flexibles (pero con expectativas altas).
O paradoxo da capoeira. Mellores mestres en Brasil analfabetos. Fórmulas en Brasil. Asociacións. Cursos de prevención de lesións.   

En substitución da figura do asesor que só asesora poderíase crear a figura do asesor – ensinante. Este tipo de profesional tamén valería para o deporte ou a danza e outras disciplinas relacionadas coa cultura e o ensino. 


Sistema educativo. Problemas.
O problema máis importante: a masificación. Insuficientes competencias lingüísticas profesores (galego, linguas estranxeiras)
Ximnasia. Problemas de xénero. Menstruación. Introducir ximnasia en 2º de bacharelato e un deporte por ano universitario en forma de materia. Introducir unha materia de galego en cada ano universitario nas carreiras onde non as haxa. Unha materia de inglés en cada ano universitario. As competencias lingüísticas son necesarias en calquera área.   

Urbanismo.
Os patios de luces como parte importante do noso cadro de vida, da nosa cidade. Os patios de luces. Espazos de silencio, de luz, de sol, de plantas. Se están en malas condicións filtran humidades, en moitos edificios antigos baixan as vellas tubarias das augas fecais (cheiros). Diagnósticos do estado dos patios de luces de toda a cidade. Desenvolver unha estratexia, de reparación (reparar todo o que teña que ver con fendas, humidades, ausencia de illamento, tubarias, incluso feísmo).

Vivendas en aluguer en malas condicións. Intervir, non penalizando senón, asumindo a súa reparación de modo que o custe sexa absorbido polo aluguer que pagarían os que as alugan durante un período de tempo. Aluguer limitado. En función dos recursos desas familias. Rematado o período de tempo acordado, as vivendas pasarían de novo ós propietarios sen que os mesmos tivesen a obriga de alugalas.     

Alimentación.
Hortas urbanas. Problema contaminación. Terras no Vigo rural. Un horto urbano non se pode crear en calquera sitio, polo menos no estado en que está Vigo actualmente do punto de vista medioambiental. Afortunadamente hai fincas en mans privadas que están en desuso que se poderían alugar (prezo simbólico) por períodos que se renovarían en función das colleitas.

Pista de patinaxe con Escola Municipal de Patinaxe incluída.
A empresa sevillana www.xtraice.com (pistas de xeo ecolóxico) fabrica pistas de xeo sintético ecolóxicas y que supoñen un gasto eléctrico, etc., moito menor que unha de xeo.
     
Peatonalizacións
Zonas de moita concentración de edificios. De vivendas. Non con pedra. Senón combinación herba e carreiros de formigón por exemplo por onde poidan pasar xente con carriños de bebé, da compra.
Camelias é un exemplo.
Uso de animais para o consumo da herba. Evidentemente coa contaminación actual, sería perxudicial para os animais. Lembremos que hai 25 anos usábanse ovellas nas zonas verdos do aeroporto en Peinador.


No hay comentarios:

Publicar un comentario