domingo, 11 de enero de 2015
Mulleres. De aquí. E de alí.
Como
se adoptan medidas para evitar que se realicen ablacións do clítoris ás
nenas (que as fan as nais e as aboas, non vaiamos de feministas do
pau , porque as mulleres teñen moita culpa en que se continúe con estas
prácticas ou toda ) , educando as nais e os pais (e
as veces castigándoos con toda a forza da lei ), tamén hai tomar
medidas en casos de matrimonios prematuros (por presión dos pais e
logo dunha transacción económica ). Hai machismo en todas partes, non só hai que
traballa r (con medios adecuados) par a cambiar como os que somos de
aquí nos comportamos senón estar atentos a como determinados grupos se
comportan, que poden ser europeos de vello, como moitas variantes de
etnia xitana que existen, aquí e por Europa adiante, que non
recoñe cen como propias as leis de cada país . Tamén a comportamentos
que se dan en africanos (hai xente que ven de países de onde matar a
propia muller non é nin delito). É ben certo que despois cada individuo ten
unha parte de responsabilidade e poder de decisión nos seus actos. Pode ignorar presións
familiares e arriscarse a sofre-la violencia dos propios pais ou
familiares ou simplemente a que os expulsen da súa comunidade ou da súa familia. Outros, sabéndose apoiados, darán renda solta o seu sadismo e os seus instintos violentos. Non podemos caer no erro de por medo a ser acusados de
racismo ou xenofobia, mulleres e nenas sufran semellantes ataques ou
incluso acaben asasinadas. En cada país, en cada etnia existen
persoas con capacidade de romper con todo o que se lle ensina que
considera negativo, con capacidade para negarse a realizar actos de
violencia e con capacidade para resis ti-las presións do seu grupo.
A ese menor ensináronlle a ser así. A súa
familia. A nai da nena que a vendeu probablemente foi vendida e casada
ela así e cre que o que fixo está ben; e se non o cre, pois sentiríase
indefensa, incapaz de evita-lo. En calquera caso vender un fillo ou unha
filla é delito e punto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario