sábado, 30 de mayo de 2015
Marhuenda e os pijopogres de Podemos.
Primeiro
eu non son pija... imposible; segundo 'progre' vén de progresista ... e
reaccionaria non son. De todas formas, en moitos países precisamente é a
clase alta que ten acceso á educación e que ten a vida máis fácil a que
precisamente xa non aguanta a miseria e a violencia ó seu
redor; a miña amiga brasileira Silvia agora está loitando en Francia
polos dereitos de todos incluídos os immigrantes (ela ten nacionalidade
francesa, ten unha filla e un marido francés, un bo traballo: que lle
importarían os inmigrantes pobres ós que tanto insulta o Fronte
Nacional, pois moito, porque non se pode ser feliz se a xente ó teu
redor non o é. Non todos temo-la capacidade, a forza e a paciencia para
cambia-las cousas pero o que polo menos podemos facer é apoiar ós que
saben o que hai que facer e como facelo; e se tal dar ideas, opinar... contribuír.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario