martes, 12 de enero de 2021

reflexión crítica construtiva sb Podemos Galicia

Non me vou estender moito porque teño un ombro lesionado... (desde finais de setembro) son Iria Rodríguez Leiros, nas últimas primarias en Galicia quedei no posto 26 (teño moitas dificultades polos meus problemas de saúde--endometriose-- e era a primeira vez que me presentaba) 1) pertenzo ó concello de Mos, no que hai un partido chamado Gañamos e un círculo activo; a xente non ten moi claro se gañamos seguiu os procesos da forma que Podemos esixe (primarias, salarios, hai dous concelleiros e os dous son homes, deu un baixón moi grande en canto a votos, perdeu apoio popular) faltan só dous anos e medio para as próximas eleccións municipais e para gañar un concello se necesita moito traballo. 2) As persoas que íamos na lista por Pontevedra nin nos coñeciamos entre nós nin coñecíamos ó S. X. nas eleccións á Xunta. cremos que ten que haber moito máis diálogo. 3) en xeral, non hai unha preocupación en Galicia por achegarse ás persoas que temos difificultades por empobrecemento ou discapacidade. no meu caso empobrecemento por doenza (endometriose). pero que temos formación en moitos aspectos e experiencia en primeira persoa. 4) tódolos avais e votos que me deron foi polo meu activismo en saúde mental. en troques non se me preguntou nada á hora de realizar o programa. nunca se me retiuteou os meus artigos que tanto me custa escribir. e que escribo con tanto rigor. 5) estamos tendo dificultades para conseguir militantes para o círculo que eu promovin e do cal levo as redes sociais. creo que nos inscribimos 3 persoas como militantes pero necesitaríamos apoio mediático (redes sociais ou se é é posible nalgún outro medio como a radio ou a televisión) do noso secretario e/ou outras caras coñecidas en Podemos para validalo. 6) son cousas distintas non ter militantes específicos de Podemos no noso círculo e non estar en contacto e coñece-lo movemento en primeira persoa. de feito falamos con xente que cremos que milita en Izquierda Unida ou Equo ou outros partidos, ou que ás veces non se queren mover do círculo de Podemos onde están; falamos con xente doutros países. México, Nicaragua. Estados Unidos. Chile. (manuel e eu falamos inglés, que é unha lingua moi importante á hora de acceder á información neste eido por tratarse EEUU do país do mundo con menos recuperación e onde máis e antes se violan os DDHH medicación infancia, electroshock.) 7) non estamos contentas co papel tan importante como referente que se lle deu ó Movemento Galego de Saúde Mental pois o consideramos bastante reaccionario e con intereses gremiais. calan moito. cremos que nin sequera mencionaron nunca o electroshock--un documento como o CONSENSO-- a fundación INGADA ou outros moitos problemas graves; publicamente loaron a un psiquiatra especializado en 'hysteria' con ocasión do seu deceso. 8) nas intervencións na pasada lexislatura no parlamento en xeral sempre se tocou a saúde mental desde o descoñecemento e a improvisación (aínda que valoramos o bo corazón das parlamentarias). existe un movemento á marxe dos profesionais (culpables da situación, en gran parte) que non está sendo tido en conta. o problema verdadeiro é a violencia psiquiátrica que é exercida non só polos psiquiatras senón por todo tipo de profesionais (traballadoras sociais) de feito en atención primaria prescríbese de forma irresponsabel e con moito descoñecemento. para atar a unha persoa se necesitan personal. as intervencións da Garda Civil. psiquiatras do SERGAS que se queixan en documentos públicos de que non lles deixan dar electroshock en nenos e nenas pero que celebran que cada vez se lles estea permitindo en idades a adolescentes cada vez menores. o xefe de psiquiatría da área de Vigo é vocal da Sociedade Española de Psiquiatría e polo tanto os seus conflictos de interese son públicos; confesa alegremente recibir diñeiro de 9 farmacéuticas. Olivares. e di burradas en público coma que o litio prevén do covid 19. a verdade é que a medicación con litio (carbonato de litio) inicialmente era coñecida como 'envelenamento por litio' e a única finalidade era discapacitar ós pacientes para que non molestasen nos manicomios. existe unha fantasia antiga da psiquiatría de botarlle litio na auga a toda a poboación máis propia de Expediente X queda realidade e impropia dun médico. o litio non é coma o ferro, non se trata dunha anemia que hai que correxir. seda e dana fortemente a saúde. a reducción da esperanza de vida hoxe en día. 9) o noso círculo naceu como reacción á proposición de lei presentada por UnidasPodemos+ en 2019 por considerala cuerdista, capacitista, incoherente. con todo a min personalmente axudoume como texto de referencia. gustounos--por mencionar algo positivo-- a abolición do electroshock (que sería una noticia moi importante a nivel do coñecido como 1º mundo) pero a lei non está ben redactada e aprobar unha lei semellante, que é un coadoiro de DDHH, non cambia nada e pode dar unha falsa sensación de progreso. como xa pasou no pasado. a OMS é un organismo que usa terminoloxía da psiquiatría nazi. comezar unha lei unha definición da OMS é terrible. 10) tralo fracaso electoral recente--tanto municipal como á Xunta --cómpren novas primarias pero estas non deben facerse ás presas senón con tempo e esixíndolle á xente que se explique mellor, que conten mellor quen son, que é o que pretenden. máis concreción. e ter en conta as dificultades das persoas con dificultades de todo tipo, como é a dor crónica. traballar máis na axuda mutua. que a xente se implique máis. tampouco se pode esperar moito porque o descontento despolitiza. 11) o S. X. non ten por que ser a persoa que se presente ás eleccións dentro de 3 anos e medio e non ten por que ser unha única persoa. poden ser dúas ou tres persoas que se repartan as diferentes áreas. persoas que den dirección ó partido. que fale ca militancia. coas futuras candidatas. ca xente de a pé. que colla o autobús interurbano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario