martes, 11 de octubre de 2016

Lugares comúns, obsoluteces, historia da psiquiatría e médicos de atención primaria que brincan a ser psiquiatras (APOCALIPSIS ZOMBI)

1- Os pacientes non queren tomar nunca a medicación (obsolutez, mito):
1.2. a medicación non funciona, séntense peor. Algúns medicamentos modernos non son mellores que medicamentos de hai trinta anos (as axencias de medicamentos son máis corruptas na actualidade)
1.3. moitos pacientes queren toma-la medicación e serían capaz de tomar calquera comprimido que se lles propuxese (persoas con predisposición ás adicións, adictos).
2- Incapacidade dos profesionais para distinguir síntomas de reaccións normais, comportamentos normais, non entenden que se existen causas obxetivas por exemplo para o insomnio (ruído, dores físicas por doenza perfectamente diagnosticada) non é un sintoma; sería un síntoma se non houbese unha causa clara; entender como síntomas opcións ideoloxicas:
2.1. Hipersensibilidade ó ruído ou minhocao? O minhocao, estrada que atravesa a cidade de Sao Paulo, de tránsito de coches abrumador que xenera un ruído insoportable (fileira de edificios altos, eco). O concello, a prefeitura, decidiu fechalo á circulación de vehículos os domingos para que a poboación que vive nas inmediacións poidar descansar un pouco.
2.2. Aseo deficiente ou pobreza? Aseo deficiente ou roupas desgastadas? 2.2.1. Non é o mesmo non lavarse que lavarse e vestirse con roupas desgastadas pero limpas. Unha persoa pode ver limitada a súa capacidade económica para asearse e comprar roupa nova. A pobreza non é unha doenza. Os pobres non son seres inferiores senón en moitos casos persoas que carecen dunha rede familiar. En tempos de crise económica e de reducción orzamentaria en servizos sociais, máis ca nunca, moitos máis serían pobres se non contasen coa protección da familia, da parella, ou se non desfrutasen de saúde plena. 2.2.2. Unha persoa pode decidir usar roupa de segunda man ou a propia que eles mesmos compraron para si durante moito tempo por razóns ideolóxicas. A industria textil explota e escraviza os seus traballadores. As grandes empresas en xeral son pouco respetuosas co medio ambiente. A roupa de comercio xusto é cara e non é fácil de atopar.
2.2.3. Existen persoas que sofren doenzas mentais, trastornos de diversos tipos, problemas psicolóxicos que gastan moito diñeiro e poñen moita atención na roupa, na maquillaxe, no cabelo. Incluso unha excesiva obsesión pola apariencia física pode ser síntoma dalgúns trastornos, como o trastorno obsesivo compulsivo.
3. (Mito) As persoas que se encontran nunha situación de dependencia económica de persoas que os maltratan están nesa situación porque queren ou son incapaces de conseguir que os empreguen ou de manter un emprego ou simplemente non queren traballar.
4. Os pais e nais non son violentos nin se drogan. Os pais que se drogan e maltratan os seus fillos teñen unha apariencia física moi específica e non teñen diñeiro nin casa nin bos traballos. Os pais e nais sen deterioro físico evidente non golpean e maltratan os seus fillos. Fillos que estudan e non se drogan non sofren nin sofreron maltrato físico nin psicolóxico; os fillos imitan sempre os comportamentos dos pais. Fillos ou fillas responsables, sans e estudosos teñen pais, responsables, sans e con estudos e bos traballos.
5. Pais e nais alimentan os seus fillos, cómpranlles roupas; danlles diñeiro para actividades de lecer; non agreden os seus fillos nin os insultan.
6-As doenzas físicas non existen. As persoas con estudos universitarios encontran facilmente emprego. As persoas con doenzas crónicas encontran facilmente emprego e nunca serán despedidos baixo falsos pretextos. Non existen problemas de saúde crónicos incapacitantes non considerados incapacitantes. Tramitar unha incapacidade temporal é un procedemento sinxelo. Os médicos tratarante co máximo respeto e cubrirán os documentos verazmente e con boa caligrafía.
7-Supor que os médicos son boas persoas, incapaces de condutas sádicas e non aproveitarán a súa situación de privilexio, de poder, para xudiar cos pacientes, torturalos, poñer en perigo a súa saúde .
8-Supor que os médicos non desprezan os seus pacientes profundamente. Especialmente os psiquiatras, profesión de moi escuro pasado e moi escuro presente aínda que habilmente branquexado.
9-Supor que os médicos son xente honrada non disposta a pór en perigo a saúde dos seus pacientes e endexamais se deixarían subornar polo potente lobby farmacéutico (con cruzeiros a baixo prezo; agasallo que un médico do SERGAS confesou recibir en diversas ocasións persoalmente a min; non sabemos se tal agasallo supuxo a toma dalgunha decisión que lle supuxese un prexuízo para algún paciente).
10- Supor que o grao de incidencia da doenza coñecida como depresión se corresponde cos datos de consumo de antidepresivos e benzodiacepinas en Galicia. Supor que o consumo de antidepresivos non ten relación ningunha cos suicidios ou co maltrato, a violencia e incluso asasinatos (2 palabras: ORFIDAL, Basterra). O consumo de antidepresivos e benzodiacepinas coloca a determinadas persoas en posición de vulnerabilidade, debilítaas. Por outra banda, tales medicamentos poden inducir, amplificar comportamentos violentos. Non se controla se os pacientes consumen outras substancias (cocaína, alcohol, crack); non se controla se os pacientes reaccionan violentamente coas persoas coas que conviven. Ou coas persoas coas que se encontran na rúa.

Máis obsoluteces:
11-Non se pode deixa-la medicación de vez. Os antidepresivos e benzodiacepinas si se pode deixar. De feito permanecen no organismo varios meses.
Outros medicamentos, como os antisicópticos, non sei, habería que estuda-lo. Xa dixemos que algúns psiquiatras rebeldes afirman que certos antisicópticos antigos funcionan mellor que os de nova xeración; o problema é que certas farmacéuticas moi poderosas tras gastar moito diñeiro en investigación, trámites de todo tipo, probas, patentes, queren recupera-lo investido como sexa a expensas da saúde dos seus pacientes.

Unha verdade:
 12-Algunhas doenzas mentais son reais e o seu diagnóstico é moi evidente.

Outros mitos:
13-É un mito que os pacientes con enfermidades psiquiátricas neguen que as padecen. Moitos non o fan. Por outra banda, pode ocorrer (e ocorre) que os pacientes estean incorrectamente diagnosticados, tanto se se trata dun incorrecto diagnóstico sen saír do mundo da psiquiatría como se se trata de un problema de saúde non psiquiátrico. Nin unha pregunta sobre se o paciente padece outras enfermidades. Médicos do SERGASestán ofrecendo antidepresivos a pacientes cuxo cansazo ten orixe en diabetes, endometriose, doenzas perfectamente diagnosticadas a modo de "vitaminas", non diciendo por suposto que son vitaminas pero presentándoos como medicamentos inócuos enerxéticos.

14-Factor hereditario (a busca do xen; está demostrado? en que porcentaxe?)

Preguntas:
A medicación é o mellor tratamento para a depresión? Non. Ademais, os antidepresivos foron deseñados para ser consumidos durante breves periodos de tempo (meses) en casos nos que terapias cognitivas non funcionasen ou só inicialmente. Algunhas persoas tómanos durante décadas, desde que comezan ata que morren ou se suicidan.
Non se pode tratar do mesmo modo unha depresión endóxena ca unha depresión esóxena (moi raras).
Hair moitos modos de estimula-las persoas, de sanalas que non consisten en inxerir pastillas: temos que pasar da psiquiatrización da medicina en xeral, da xinecoloxía en particular (machismo) á fisioterapización da medicina.

En Galicia se prescriben antidepresivos a alcohólicos en activo e tamén a aqueles que pasaron por tratamentos de desintoxicación e xa non beben. Segundo o coñecido programa de orixe estadounidense A. A., http://www.aa.org, de moito interese, que se cadra deberiamos ir pensando en ir implantando aquí, que existe actualmente en moitas versións, para tratar todo tipos de adiccións, de xogo, drogas de todo tipo, de farmacia, ilegais, sexo, alcohol (creado inicialmente para combate-lo alcohol); considera como recaída consumir antidepresivos e benzodiacepinas e análogos das bezodiacepinas e opiáceos, que en España non se prescriben ou non é moi habitual a súa prescripción (por razóns de territorialidade mafiosa entre as diferentes compañías farmacéuticas?)

(Mega mentira) Os antidepresivos coma PROZAC son moi suaviños. PROZAC é un medicamento moi cuestionado. A farmacéutica que fabrica PROZAC foi denunciada, levada os tribunais; o psiquiatra que a denunciou afirma que subornaron o seu propio avogado, o avogado da defensa. A un membro do xurado non está fóra do mercado. Hai médicos en Galicia que a receitan coma se non houbese un mañán. Necesitaban 10 de 12 e votaron a favor da prohibición da fabricación e distribución 9 de 12.
Eu probei PROZAC. Sufrín malestar durante dous meses. Tomeino 4 días. Pupilas dilatadas. Forte dor na vista. Foi como se inxerise por exemplo matarratas pero o caso é que nunca inxerín matarratas. Os e as psiquiatras galegos, xinecólogas, médicas de atención primaria, estáno prescribindo para controlar-los efectos do síndrome premenstrual (machismo, psiquiatrización da xinecoloxía).
http://elpais.com/diario/1999/09/21/sociedad/937864815_850215.html (moito morro os de Lilly, mafiosos!***)

"O papel dos psiquiatras non debe ser nunca o de guardiáns da orde pública ou de inadaptación á sociedade." Moito menos para controlar á población ou como ferramenta disuasoria para que as mulleres non denuncien violencia física exercida en contra delas. Psiquiatras culpabilizando mulleres golpeadas (Hospital do Meixueiro, 2014, Vigo); prescribindo antidepresivos e benzodiacepinas, antipsicóticos, antiepilépticos (esmo parece que xa os psiquiatras, psicólogos) nin len os prospectos; baixo a premisa de que as mulleres reciben golpes porque foron atrás dos homes buscando ser golpeadas ou mesmo atrás de mulleres (nais) porque sofren un trastorno de personalidade e necesitan ser medicadas cuns medicamentos que en realidade podería potenciar unha agresividade por outro lado inventada polo agresor ou pola consentidora das agresións (nai). Eu vin xente ir atrás doutra xente buscando enfrontamento. Pero baixo os efectos das drogas, en concreto, antidepresivos. Dar por feitos comportamentos que non se poden probar sen garantías; presenza avogado; non é propio de países que respectan os dereitos humanos.



O prestixioso psiquiatra galego septuaxenario, Emilio González Fernández, coñecido pola súa loita en favor dos dereitos humanos dos pacientes diagnosticados con doenzas mentais e pola súa denuncia da interferencia na atención dos pacientes en xeral dos intereses das industrias farmacéuticas afirmou e cito na Voz de Galicia (luns 25 abril 2016, artigo de Xosé Manuel Carreiro): “Hoxe está psiquiatrizado todo: emocións sas como a ansiedade, a tristeza ou a inquietude transfórmanse en enfermidades psiquiátricas polos intereses da industria farmacéutica”.      
 
15-O paciente non sabe que padece un trastorno porque padece un trastorno. Non es consciente do seu comportamientos.
16-En Galicia prescríbense antidepresivos e outros psicofármacos (tipo Arenbil, antipsicóticos) a pacientes que senten cansazo causado por doenzas como endometriosis ou diabetes coa excusa ou finalidade de que tales tratamentos lles proporcionen enerxía. 
17 (veciña, 53 anos, poucos estudos, boa xente) A tal persoa que dicía que vía ou oía a Virxe un iptus curoulle a esquizofrenia e agora estaba calmada e ben, tranquila, xa non formaba eses escándalos... e eses aspaventos. Iptus = auto-lobectomia. Amomiar non é curar. Experiencias relixiosas válidas en certos casos e non válidas en outros casos. Moitas persoas con capacidade para sentir voces asócianas con Deus (se son masculinas?). Neste caso tratábse dunha muller maior sen estudos. Non só as persoas sen estudos relacionas as súas experiencias coa relixión. E non só en países pobres.  

4 comentarios:

  1. http://elpais.com/elpais/2016/06/28/buenavida/1467101659_905638.html

    ResponderEliminar
  2. "se cree que la deficiencia de serotonina juega un papel importante en la depresión, no hay manera de medir sus niveles en el cerebro de las personas vivas. Por lo tanto, no hay ningún estudio que demuestre que los niveles cerebrales de este neurotransmisor influyan en la depresión. Los niveles sanguíneos de serotonina sí se pueden medir y se ha demostrado que son menores en personas que sufren depresión, pero los investigadores no saben si esos niveles en sangre reflejan los niveles cerebrales de serotonina." http://www.recursosdeautoayuda.com/serotonina-y-depresion-7-preguntas-y/

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. en autopsia, actividad serotónica; o en el líquido cefalorraquídeo

      Eliminar
  3. http://www.eldiario.es/sociedad/discapacidad-codigo-penal-gallardon-onu-discriminacion-enfemedad_mental_0_277522482.html PELIGROSIDAD / GALLARDÓN

    ResponderEliminar