A oposición no Concello de Mos, é dicir, o partido Gañamos, afirma que a Feijoo lle pagaron con diñeiro público do
concello de Mos unha comilona en campaña electoral na visita ó accidente
do tren Celta, no límite entre Mos e Porriño. Afirman que a alcaldesa o recoñeceu nun pleno e que está gravado.
Non creo que ninguén lle pagase os berberechos, as navallas, a Ramón Espinar, polo menos con diñeiro público. Ou foi a escote (os homes teñen escote?) co diñeiro que gaña el co seu traballo como cargo electo ou foi invitado con diñeiro propio dalgún amigo que o gañaría traballando ou invitou el. O que está claro é que vexo na suposta polémica unha tentativa estúpida de ver no consumo de marisco humilde algo impropio de quen defende os DD. HH. e critica os abusos da banca, a acumulación de vivendas e riqueza; a parasitaxe de empresas privadas de amiguetes dos cargos electos (mediante externacións, pivatizacións) dos servizos públicos, etc.
A min Carmen Santos pagoume unha vez unha Tónica Schweppes e logo comproume unha auga nunha gasolineira nas aforas de Santiago. Con diñeiro que tiña no peto ou no monedeiro, non me fixei. Eu só vin un billete, non unha tarxeta. Con que pagou a botella de auga en realidade non o sei.
Auri Xiraldez asegura que a alcaldesa non lles entregou a factura solicitada da comilona de Feijoo (ó que seica non lle dá o salario como presidente da Xunta para comer cada día). Comeron a conta dos veciños "Feijoo, Rueda e uns cuantos mais que estiveron aquel día" segundo Auri Xiráldez.
Cito textualmente a Auri. "Despois
de dicir nun pleno [a alcaldesa de Mos, Nídia Arévalo] que lles pagara a comida con cartos públicos, por que segundo ela non os ía deixar ir sen comer... aparece outra factura do
mesmo día duns bocatas que se lle pagaron ós voluntarios. Os señores que
veñen face-la foto van de restaurante e os voluntarios que estaban
traballando comen un bocata que ben lles chega. E iso non e todo, pedírono no bar da irmá dunha concelleira."
Este papel é unha solicitude realizada por Auri (concelleira de Gañamos) para que a alcaldesa lles entregue unha copia das facturas. Cito a Auri: "fixeronse varias solicitudes en distintos días para pedir dita factura. Estando sin contestar ata o momento" (hoxe, 15 de abril de 2017)
Nese mesmo día, o día da visita de Feijoo, hai imaxes do aínda candidato Villares por En Marea á presidencia da Xunta. Quen pagou a súa conta? Comeu en Porriño?

No hay comentarios:
Publicar un comentario