A Reinhard Heydirch; man dereita e amigo íntimo do Führer, cabeza da Guestapo, segundo mando das SS--Schutzstaffel--"unha das máis escuras escadras de tortura e morte da Hª da humanidade" (afirma Lídice) [afirmación que se cadra hoxe en día é un pouco obsoleta, cos drons e todo iso; coas ditaduras latinas de dereitas da década dos 70 e anteriores] coñecido entre os seus colegas nazis como 'a besta loira'; déronlle morte un checos da resistencia checa un 4 de xuño de 1942 en Praga. 6 días despois toda a furia de Hitler caería sobre un pobo checo chamado Lídice. "Un 10 de Junio se llevó a cabo una de las operaciones de venganza más atroces" [afirmación que se cadra outra vez hoxe en día é un pouco obsoleta]
340 masacrados (Alvia en Angrois: 81 x 4 = 324)
Hitler mandou plántarlle lume á aldea e os restos do incendio foron destruídos por completo mediate explosivos. Mandou elimina-lo nome de Lídice de tódolos mapas en tódolos países invadidos polos nazis coa intención de elimina-la súa historia e a memoria da súa existencia da memoria da humanidade [como opinión persoal miña, eu = Iria, direi que o asasinato de Heydirch houbo ser un golpe moi duro ó ego dos nazis, polo desexo de borra-la existencia da aldea da Historia; vinganza porque os avergoñou ou por unha perda sentimental moi forte (a vida ensinoume que algunhas persoas moi mezquiñas senten unha especie de apego moi potente polas súas almas xemelgas igualmente mezquiñas; é un tipo de amor se se lle pode chamar así; se cadra necesitamos un termo para iso novo)].
Lídice Mendizábal describe tal tentativa como "un dos intentos más fallidos de todos los tiempos" [esaxerando un pouco de novo, quizais? difícil sabelo así a bote pronto, habería que compara-lo con outros intentos falllidos da Hª] e cóntanos que despois da caída do régime nazi, en países como Brasil, Bulgaria, Chile, EUA, México, Panamá, Reino Unido, Venezuela, entre outros moitos, puxérolle o nome da tal aldea a algunha rúa, monumento, praza, barrio, parque ou incluso cidades. Escribíronse libros, poemas. Fixéronse documentais, filmes. E moitos país e nais, como os seus, centos de personas no mundo enteiro, decidiron, chamarlle Lídice a algún dos seus fillos ou fillas, co fin de, desta manera, conseguir precisamente o contrario do que Hitler pretendía, que todo o mundo pregunte sobre a orixe dese nome; e coñeza a historia desa pequena aldea.
Sobre outros artigos sobre a masacre de Lídice: chamar 'atentado' a asesinar a Heydirch... non sei, non me convence... sobre todo porque estamos falando de Hª e de Política; deberiamos considera-la oportunidade da utilización deste termo tendo en conta a acepción propia do dereito:
RAE:
Der. Delito que consiste en la violencia o resistencia grave contra la autoridad o sus agentes en el ejercicio de funciones públicas, sin llegar a la rebelión ni sedición.
(Estamos falando dun tipo que era unha autoridade nun Estado que estaba ocupando outro e que foi asasinado nesoutro país que estaba sendo ocupado, no claro exercicio das súas funcións, como ocupante...)
Despois de reflexionar un pouco, vale, atentado váleme, o que non me vale de momento ¿? é 'atentado terrorista' (unidade fraseolóxica que non encontrei de momento en ningún artigo sobre o asasinato de Heydirch). Acabo de darme conta de que estou falando sobre outro tema máis actual sen mencionalo. É terrorismo atacar ó opresor que está ilexítimamente no poder sen o consentimento do pobo nun réxime no que os seus dirixentes están permitindo e ordeando que se cometan todo tipo de atrocidades e asasinatos?
Outros textos sobre Lídice:
http://www.lasegundaguerra.com/viewtopic.php?t=13627
No hay comentarios:
Publicar un comentario