viernes, 7 de abril de 2017

presidencia@parlamentodegalicia.gal



Bos días: falo no meu nome pero creo que non me enganaría se me queixase igualmente en nome de moitos galegos (pero non porei palabras miñas na boca de ninguén por respecto ós meus concidadáns) da falta de educación do presidente, Alberto Núñez Feijoo, tanto del como dos seus deputados, en xeral. Pero darei exemplos concretos: móstranse todos eles incapaces de aprende-los nomes dos diferentes partidos da oposición, deberían facer un esforzo pois o salario que reciben non é pequeno; 'as mareas de Podemos' non existen como partidos políticos nin como conxunto de partidos; Feijoo e os seus deputados usan denominación indistintamente para referirse a partidos políticos municipalistas de adscrición individual cuxos integrantes teñen orixes diversas e para referirse ó partido instrumental denominado En Marea, é dicir, denominan así a tódolos partidos da oposición que non sexan o BNG ou o PSOE; eu propoño que se os denomine a 'oposición', 'os aliados de EnMarea' ou que aprendan os nomes; tamén en ocasións denominan Podemos a todo partido que non sexa o PP, o BNG ou o PSOE, incluíndo absurdamente a Compromis; en diversas ocasións Feijoo fixo alusión a que Podemos goberna en Valencia... (¿?) ou iso entendo eu cando enuncia a frase que repite con frecuencia "as comunidades en que vostedes gobernan" (referíndose a En Marea; que eu saiba En Marea non goberna en Galicia); repito non é moito pedir se temos en conta os seus salarios; os políticos son os nosos traballadores; son asalariados nosos. Non teño dúbida que esa teima en non aprender os nomes do partidos políticos galegos e do resto do Estado ten intención de burla. Tamén me molesta o bullying que lle fan nomeadamente a Carmen Santos, paréceme propio de abusóns de barrio; se non entenden en ocasións oracións enunciadas pola oposición (por Carmen Santos Queiruga) que consulten a filólogos en vez de dar por feito que os están insultando a eles. Paréceme unha falta de respecto que os deputados (nos vídeos do site do parlamento pódese ver ben que se trata principalmente dos deputados do PP) se poidan poñer de pé en coro a falar entre eles sen ningún tipo de reparo durante as intervencións da oposición; pode ocorrer que nun certo momento alguén con disimulo lle pase unha nota a un compañeiro ou transmita murmurando algunha información pero o parlamento non é un bar. Calquera protesta implica ir contra as normas, está claro. Hai moitos tipo de protestas que se admiten no parlamento europeo, nas cortes, en parlamentos de outros países ben democráticos que non significan a expulsión; en troques, no parlamento galego si se expulsou a xente por exerce-lo seu dereito a protesta. Outra cousa ben diferente é que se os deputados do PP abandonen o parlamento no medio da intervención dunha deputada da oposición (dentro das normas) porque menciona a frase 'fiscal anticorrupción' (un fiscal anticorrupción serviría para fiscalizar a tódolos partidos da oposición, non só o PP; o único que conseguiron con esa saída é dar a entender que se daban por aludidos pero tamén igualmente indignar a tódolos que cos nosos impostos lles pagamos o salario; somos os seus patróns, non poden simplemente abandona-lo posto de traballo polas boas. Tamén faltan o respecto a tódolos cidadáns cando non responden ás preguntas que se lles formulan, e de mentir en sede parlamentaria ou inventar datos, mellor non falamos. Algunhas cousas as pode comprobar calquera cidadán facilmente como o salario medio dunha mariscadora e compara-lo co salario da conselleira do mar Rosa Quintana.

4 comentarios:

  1. Creo que se trata dunha errata e que pode ter como consecuencia que os cidadáns non envien nin queixas ni suxestións; no e-mail para dirixirse a presidencia do parlamento falta un 'r' ; o erre de pa[r]lamento; é dicir o enderezo electrónico é ;

    ResponderEliminar
  2. intervención nauseabunda parlamento galego PP; PNL diversidade funcional https://youtu.be/rsfa9xsx6PY https://galiza.podemos.info/carmen-santos-denuncia-absoluta-falta-de-respecto-do-pp-as-deputadas-da-oposicion-sobre-todo-a-as-novas/

    ResponderEliminar