jueves, 6 de abril de 2017
Mulleres doenzas xinecolóxicas, endometriose; quistes;
eu
estou diagnosticada porque o miraron cos seus propios ollos e
analizaron tecido endometriósico fóra de sitio, é dicir, non dentro do
útero senón na parede abdominal (biopsia) cando me quitarron un quiste
de 4 centímetros benigno por sorte; agora xa teño outro; máis grande;
non teño axudas economicas de ningún tipo; tentar que che fagan un
informe médico e escriban a verdade sen insultos é unha odisea; médicas
de atención primaria insultándonos; pero usando insultos tipo 'enferma
mental' e non foi unha que foron tres seguidas (concello de Mos), repito
estou perfectamente diagnosticada sen ningún tipo de dúbidas; a miña
xinecóloga de endometriose do Cunqueiro burlouse de que as mulleres nos
xuntemos e falemos dos nosos problemas; teñen un negocio co Mirena (que a
moitas mulleres lle fai mal), e tm pretendían facernos pasar un
complemento alimenticio carísimo (32 euros) por una panacea aboluta que
curaría tódolos nosos problemas; dinnos non sei para que pides a
incapacidade temporal se total para vós nada; etc. endometriose no
Cunqueiro é puro paripé, non se diferencia en nada da xinecoloxía
normal; elas mesmas recoñecen que non teñen ferramentas; para as
mulleres coma nós, non hai estratexias paliativas; porque o problema non
só é curarnos, senón acouga-la nosa dor; o noso malestar;
culpabilizannos de que o que nos propoñen non só non sirva de nada senón
que aínda nos sente peor; ninguén vai contratar alguén no meu estado
teñamos os estudos que teñamos; teño un mini mini job e non sei de onde
vou saca-la forza mañá; pero TEMOS QUE LOITAR. É O QUE QUEDA; cando
insultan as mulleres con problemas xinecolóxicos utilizando referencias a
psiquiatría están insultando a dous colectivos; os doentes mentais e as
mulleres en xeral; ofrécennos antidepresivos... para que? eu era moi
feliz cando me empecei a encontrar mal e teño ganas de vivir, tódalas
ganas do mundo; pero é dificil tanto coma o é que te desahucien ou pasar
frío ou fame; non necesito medicacións perigosas que me poderían
afundir aínda máis, volver violenta ou sabe deus; e seino porque convivo
con xente que si as toma e é terrorífico ser críada por unha nai
pastilleira; por certo a doutora de primaria da miña nai leva anos
sen mirala pero os antidepresivos non llos quita; non sei se o que me
doe son os quistes ou a endometriose, nin sequera nos falan con respeto e
nos explican as cousas ou dinnos a verdade; exemplos de mentiras ditas
por doutoras: 'que non se pode saber científicamente se unha muller
sangra moito ou pouco' (podemos estar mentindo, non sei con que
obxectivo unha muller mentiría sobre iso) ; outra mentira 'que xamais a
esa doutora, xamais unha muller lle dixera que os anticonceptivos lle
sentaban mal, que prefería non tomalos' (porque as mulleres deixamos
medicación que nos sentan ben porque nos gusta sufrir"... etc.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario